José Bértolo e Isaac Romero Esteras |
Esta tarde, venres, 17 de marzo ás 18:00 na nosa hemeroteca, Clase maxistral sobre Trenzas, trucos e botóns impartida polos artesáns Isaac Romero Esteras e José Bértolo de Vigo. Esta clase está destinada ao alumnado da especialidade e ao público en xeral (previa inscrición). As prazas son limitadas.
Estes dous artesáns de longa traxectoria no mundo do Coiro, van amosar
como traballan o coiro para realizar a tira para trenzar, realizar
diferentes trenzados planos e cilíndricos, botón e tamén nos darán
trucos e consellos para realizar o bruñido e acabado da peza.
Esta actividade formativa e divulgativa inscríbese dentro do programa de actividades complementarias á Exposición #handmadenothomemade Coiro: cor e volume -que se mostra no Espazo EMAO ata o 7 de abril- organizada e coordinada pola especialidade de Artesanía do Coiro da EMAO.
A relación de persoas admitidas publicase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario