18 de maio de 2017

Exposición "O Principiño ao Redor do Mundo" A Colección de Carlos Casares na Casa Galega da Cultura


Exposición "O Principiño ao redor do mundo" A colección de Carlos Casares na Casa Galega da Cultura, ata o 28 de maio. Con esta exposición a Fundación Carlos Casares e o Concello de Vigo contribúen na difusión da figura do escritor ourensán ao que neste ano 2017 se lle dedica o Día das Letras Galegas
A colección de principiños de Carlos Casares evidencia a paixón do escritor polo libro de Saint-Exupéry, que el mesmo traduciu ao noso idioma en 1972, nun hotel de Viana do Bolo. A partir daquel momento foi mercando calquera edición que atopara nas súas viaxes polo mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le Petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario