A xornada de charlas sobre arte urbana que se desenvolverá na Casa
Galega da Cultura o vindeiro sábado 1 de xullo pretende poñer o foco
nunha corrente que creceu de xeito notable os últimos anos. Trátase da primeira xornada de mesas redondas con especialistas
nacionais e internacionais en arte urbana que se celebra en Vigo.
O obxectivo é dar a coñecer e poñer en valor o programa de arte urbana "Vigo cidade de cor", intercambiar experiencias de expertos e compartir as mellores prácticas empregadas noutras cidades.
Estas charlas reunirán a artistas, teóricos, activistas e promotores
culturais que expoñerán a súa visión sobre a arte urbana, para obter
unha visión poliédrica e xeneral dunha tendencia da arte que pasou do
mundo do clandestino á cultura popular.
O obxectivo é dar a coñecer e poñer en valor o programa de arte urbana "Vigo cidade de cor", intercambiar experiencias de expertos e compartir as mellores prácticas empregadas noutras cidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario