A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do
escritor valenciano Vicente Caravel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial
do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de
España en 1926. O 7 de outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro e,
pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril
como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi.
En 1955 o Día do Libro convértese nunha Festa Mundial, proposta pola
Unión Internacional de Editores (UTE) e presentada polo goberno á
Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a
Cultura(UNESCO). En 1995 apróbase ao fin proclamar o 23 de abril de cada ano como "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor"
(Fonte: Axenda de Cultura de Galicia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario