Días europeos da Artesanía:
Xornada de Portas abertas na
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
En conmemoración dos Días Europeos da Artesanía, a nosa Escola abrirá as súas portas o vindeiro día 5 de abril para amosar ao público en xeral o traballo dos seus talleres.
A EMAO recoñécese así como unha institución relevante no mundo da creación artística e artesá cos seus 133 anos de experiencia na formación de miles de persoas ao longo da súa historia nos oficios artesanos, na creación artística e na cultura popular.
O programa deste día é o seguinte:
Construción Artesanal de Instrumentos Musicais
(CAIM)- Gaita: demostración dos difererentes procesos de construción da gaita que estará realizando o alumnado.CAIM Zanfona: demostración dos diferentes procesos de construción da zanfona que estará realizando o alumado.
Artesanía en Coiro: exposición de pezas e demostración de técnicas decorativas.
De 12.00-14.00 h
Pintura: visita á aula e presentación de traballos do alumnado do curso monográfico de pintura con stencil que actuamente se desenvolve.
Encadernación: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado.
De 16.00-18.00 h
Deseño e Encaixe de palillos: demostración de diferentes técnicas de encaixe que o alumnado do curso Avanzado está a aplicar nos seus proxectos.
Talla e escultura en madeira: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado do curso Avanzado.
Moda e Confección: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado. Debuxo: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado do curso Avanzado. Proxección de traballos do alumnado.
De 18.00-20.00 h
Cerámica artística: exposición de traballos realizados polo alumnado, visita á aula e presentación dos contidos da especialidade.
De 10.00 a 13.30 h
Poderá visitarse a Biblioteca pública García Barbón/Escola de Artes e Oficios, para coñecer o seu fondo contemporáneo dedicado ás artes aplicadas e aos oficios e tamén contemplar algúns exemplares antigos, singulares e curiosos que conservamos no noso fondo histórico.
A Escola en Internet
Ningún comentario:
Publicar un comentario