19 de xuño de 2019

Visita á Exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"

Aqui tedes algunhas imaxes da visita guiada que mestres e persoal da Escola fixo onte á exposición "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo", que estes días pode visitarse na nosa sala de exposicións o Espazo EMAO (no Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro). A visita estivo guiada por Rafael Ojea, un dos comisarios da exposición.
No ano 2016 a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) cumpríu 130 anos. Ininterrompidamente dende a súa creación en 1886 vén desenvolvendo un importante servizo de carácter educativo e sociocultural á poboación da nosa cidade. A exposición que agora presentamos percorre a historia desta institución dende o seu nacemento ata os os fins da Dictadura.
O obxecto desta mostra é amosar e analisar o desenvolvemento histórico da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo dende a súa creación en 1886 ata o ano 1976. Nesta exposición faise patente a estreita relación e o papel esencial da EMAO no desenvolvemento urbano, arquitectónico, industrial e cultural de Vigo.

Esperámosvos!!!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario