10 de set. de 2019

Curso 2019-20 na EMAO: convocatoria de sorteo e probas de acceso

O Concelleiro delegado de Educación, en decreto de data 9/09/2019, resolveu aprobar a seguinte CONVOCATORIA:

CURSO 2019-2020
CONVOCATORIA DE SORTEO E PROBAS DE ACCESO PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA EMAO 

1. Calendario das probas de acceso e composicións das comisións de valoración

1.1. Calendario e horarios:
CAIM (Gaita e Zanfona): día 17, ás 16.00 horas. 
Artesanía do Coiro: día 17, ás 16.00 horas. 
Encadernación artística: día 18, ás 16.00 horas. 
Cerámica artística: día 18, ás 16.00 horas. 
Talla e escultura en madeira: día 19, ás 16.00 horas. 
Deseño e encaixe de palillos: día 19, ás 16.00 horas.
Deseño e encaixe de palillos. Curso extraordinario: día 20 ás 16:00 horas.

1. 2. Composición das comisións de valoración ao primeiro curso das especialidades de:
          CAIM (Gaita e Zanfona):
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Carlos Corral Fernández, Mestre de Gaita
Xaime Rivas Dacosta, Mestre de Zanfona 
Lugar: Obradoiro de Gaita e Zanfona
           Artesanía en Coiro:
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Rosa Martínez, Mestra de Escultura e talla na madeira
José Pereira, Mestre de Artesanía do Coiro 
Lugar: Obradoiro de Artesanía do Coiro 
Cerámica Artística:
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos
Miguel Vázquez Pérez, Mestre Cerámica
Marián Núñez, Mestre de deseño e encaixe de palillos 
Lugar: Obradoiro de Cerámica artística
          Talla e escultura en madeira
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Rosa García Martínez, mestra de Talla e escultura en madeira
Pablo Otero Pino, Mestre de Encadernación artística 
Lugar: Obradoiro de Talla e escultura en madeira
           Deseño e encaixe de palillos
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos
Miguel Vázquez, Mestre de Cerámica
Marián Núñez, Mestra Deseño e encaixe de Palillos 
Lugar: Aula de Deseño e Encaixe de Palillos
           Encadernación artística
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Rosa Martínez, Mestra de Escultura e talla na madeira
Pablo Otero Pino, Mestre de Encadernación 
Lugar: Obradoiro de Encadernación
2. Contidos das probas
As probas de acceso para as especialidades citadas terán dúas partes.
A primeira será un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
A segunda parte será un exercicio práctico co material específico de cada especialidade, no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase de 0 a 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O aspirante presentarase no horario previamente publicado na web e mais no taboleiro de anuncios da escola (EMAO), co DNI e un bolígrafo.
4. Sorteo para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura 
Segundo o previsto no Plan de Estudos e no apartado E) da Convocatoria do curso 2019-20, para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura realizarase un sorteo público o día 16 de setembro de 2019, ás 12.00 horas, na Biblioteca da EMAO.
5. Especialidades de Corte e Confección, Serigrafía artística e Ourivaría 
As datas e horarios das probas de acceso para estas especialidades convocaranse e faranse públicas posteriormente, unha vez finalizados os procesos selectivos de acceso do profesorado.
6. Normativa contida no Plan de Estudos
3.2.2.2. Proba de acceso
Esta modalidade de acceso está circunscrita ás especialidades das Áreas de Oficios Artísticos e a de Oficios Artesanais, sempre e cando existan menos prazas ofertadas que solicitantes.
Poderán presentarse a esta proba, aquelas persoas que teñan realizado a súa preinscrición na especialidade en cuestión, dentro dos prazos estipulados na Convocatoria anual e que figuren como tal no “listado de solicitantes de novo ingreso”.
A proba de acceso comporase, canto menos, de dúas partes:
  • Un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumplimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade.
  • Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade no que se valorarán conceptos como habilidade, actitude, recursos e creatividade. Nesta proba non se valoraráncoñecementos específicos previos relativos á especialidade.
Con cada convocatoria anual publicaranse, para cada especialidade, os criterios de valoración e a súa ponderación na valoración final.
Trala realización da proba de acceso, unha comisión formada polo mestre/a da especialidade, o director/a, o xefe/a de estudos e outro/a mestre/a dunha especialidade da mesma área, seleccionará os alumnos/as que cubrirán as prazas ofertadas, establecendo, seguidamente, unha lista de reserva ordeada de maior a menor valoración, para o caso de existiren baixas entre os/as seleccionados/as”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario