27 de xan. de 2020

Presentación da novela gráfica "Kartoffel" na EMAO en VcAO

Programación cultural semanal da Escola Municipal de Artes e Oficios, 
PRESENTA



KARTOFFEL é unha novela gráfica ambientada no Vigo de 1943, co transfondo dunha España sumida na posguerra e unha Europa arrasada pola II Guerra Mundial.
O contrabando de wolframio, os espías de ambos bandos, os submarinos alemáns e a relación do réxime de Franco cos nazis enmarcan este relato.
"O Reichführer Heinrich Himmler, xefe das SS, na súa oficina en Berlín, asina unha orde para que Otto Ranh dirixa unha misión de espionaxe en Vigo..."
Nesta obra inclúense documentos gráficos auténticos e inéditos que contribúen a subliñar a veracidade do marco histórico e a reforzar a complicidade co lector. Esta premisa axuda a imaxinar unha Ría de Vigo visitada por submarinos alemáns e retratar a mandos nazis paseando polo porto da cidade. E, en definitiva, incorporar Galicia a un imaxinario, o da Segunda Guerra Mundial, mostrando un pasado incómodo de connivencia entre a Galicia do franquismo e o réxime Nazi.
Interveñen: Ramón Trigo (pintor) e José Trigo, guionista
Presenta: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario