CURSO 2021-2022
CONVOCATORIA XERAL
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
Xa se pode consultar e solicitar a pre-inscrición nas especialidades da EMAO que se convocan no curso 2021-22.
A. PRE-INSCRICIÓN E MATRÍCULA
1. ALUMNADO SOLICITANTE DE NOVO INGRESO
1. Preinscrición
A solicitude de pre-inscrición nas prazas ofertadas (apartado F) realizarase:
Por internet: na web-EMAO (curso 2021-22, apartado: "Preinscrición alumnado de novo ingreso")
Debido
ás especiais condicións provocadas pola crise COVID-19 non se poderá
facer a pre-inscrición presencial na oficina da EMAO. Se precisa
información ou axuda, pode pedir cita previa, nos horarios de atención
ao público que se indican no apartado C da presente convocatoria.
O
listado de persoas pre-inscritas exporase no tabolerio oficial de
anuncios da EMAO e na web-EMAO. Darase un prazo de un día, para
presentar reclamacións ao listado.
Rematado ese prazo -no caso
de que existan máis solicitudes ca prazas ofertadas- realizaranse probas
de acceso para asignar as prazas agás nas especialidades de Pintura e
Debuxo, nas que se asignarán por sorteo entre as persoas solicitantes
cuxa solicitude sexa válida, conforme ao procedemento que se establece
nas presentes normas.
Unha vez finalizado o prazo de
pre-inscrición exporase no Taboleiro e na web-EMAO a relación definitiva
de admitidos, clasificados por especialidades e cursos.
2. Matrícula
As
persoas solicitantes finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente,
para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a
presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá
recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou
Pasaporte.
A non formalización da matrícula no prazo indicado
nesta convocatoria, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a
praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de
reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de
acceso (se é o caso). [...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario