24 de mar. de 2011

I CONCURSO DE GAITA CONCELLO DE VIGO


O I Concurso de Gaita Concello de Vigo, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e patrocinado polo Concello de Vigo,  ten o prazo de inscrición aberto, ata o venres 1 de abril de 2011. O acto terá lugar o 30 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, e poderán participar ata un máximo de dez grupos. No caso de que haxa máis grupos inscritos, establecerase unha fase de preselección o vindeiro 14 de abril ás 20:00 horas.
Un xurado composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional galega e por un/unha representante do Concello de Vigo escollerá aos tres gañadores, que levarán premios de 2.000, 1.000, e 500 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario