21 de mar. de 2011

THE EUROPEAN FINE ART FAIR (TEFAF), MAASTRICHT, 2011


A cidade holandesa de Maastricht é, dende o día 18  ata o 27 de marzo, o epicentro mundial do mercado da arte. A feira de arte e antigüidades máis importante do mundo, TEFAF (The European Fine Art Fair) exhibe durante 10 días unha extraordinaria colección de obras mestras, conta con arredor de 260 expositores de 16 países, son os mellores anticuarios e galeristas do mundo, estes abarcan máis de 7000 anos de historia e inclúen as máis variadas disciplinas que van dende a pintura aos manuscritos iluminados, pasando pola escultura, o debuxo, os mobles, a xoiaría, os tapices, a fotografía e o vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario