O VII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, do 30 de marzo ao 3 de abril, amosará un total de once películas a competición, elixidas entre os máis de 800 títulos recibidos, que mostran as últimas tendencias do xénero. Dividida en longametraxes e curtametraxes, a sección oficial pecha cunha gala na que se entregarán 7.000 euros en premios. No certame participará a película galega "Todos vós sodes capitáns", do cineasta Oliver Laxe.
O Festival, inaugúrase coa película "Brasil somos nós", un documental no que o músico galego Carlos Núñez vai na procura do seu bisavó desaparecido en Brasil ... O filme amosa tamén o proceso de gravación do seu último disco, Alborada do Brasil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario