A Biblioteca Dixital Hispánica (BDH) é un recurso en liña da Biblioteca
Nacional de España, que proporciona acceso libre e gratuito a miles de
documentos dixitalizados. Actualmente, a BDH proporciona a consulta,
lectura e descarga de libros impresos do século XV ao XIX, manuscritos,
debuxos, gravados, folletos, carteis, fotografías, mapas e atlas. Para
facilitar unha exploración rápida e cómoda, os documentos están
organizados en coleccións e subcolecciones, ben aplicando un criterio
temático: Obras Mestras, Belas Artes, Ciencias Puras, Ciencia e Cultura,
Literatura, etc, ben atendendo ao tipo documental: carteis, gravados,
mapas, debuxos, partituras, manuscritos, revistas, xornais, etc.
A colección foi creada no ano 2008 e pretende difundir o patrimonio cultural español á vez que se salvagarda a herdanza cultural. Igualmente pretende converterse nunha ferramenta que fomente a investigación sobre a cultura española, ademais de aportar contido á futura Biblioteca Dixital Europea.
Hoxe os fondos comprenden 6.121 manuscritos, 52.081 monografías impresas, 19.430 partituras ou case 4.000 mapas. Sen ningunha dúbida, un lugar no que perderse lendo e descubrindo tesouros. Catálogo

Ningún comentario:
Publicar un comentario