A conmemoración do IV Centenario da morte do Greco será todo un fito na
historia do pintor e de Toledo: a gran reunión de obras do artista que
se programou para 2014 congregará a maior parte da súa produción, que
chegará de todos os recunchos do mundo. Grandes mostras da obra do artista centrarán a ampla programación do Ano do Greco, que terá o seu escenario principal en Toledo. Un amplo programa conmemorativo encárgase de recordar a figura e a obra
de Doménikos Theotokópoulos a través de exposicións, concertos,
espectáculos de teatro e conferencias, entre outras actividades.
Para abrir boca, invitámoslle a coñecer as obras mestras do Greco presentes no portal España é Cultura mediante esta exposición virtual, que lle permitirá ver as pinturas ampliadas a unha resolución moi alta e con gran detalle.

Ningún comentario:
Publicar un comentario