O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa convoca un proceso
de selección para outorgar tres bolsas de creación artística no estranxeiro para artistas mozos nados ou residentes en Galicia. As
bolsas teñen por obxecto sufragar os custes de desenvolvemento e
produción dun proxecto no estranxeiro por un máximo de tres meses e
deben realizarse entre o 1 de xuño de 2013 e o 31 de xaneiro de 2015.
Logo, as obras serán expostas no MAC da Coruña en 2015. As bolsas teñen
unha contía de 16.000 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario