20 de xan. de 2014

Concurso Internacional de Cerámica de l’Alcora 2014


Ata o próximo 9 de marzo está aberto o prazo de inscripción para a trixésimo cuarta edición deste concurso internacional, que é un dos de máis longa traxectoria de España.
Nas últimas edicións ha ter unha media duns douscentos participantes de máis de trinta países. Ten unha dotación de 16.600 € distribuídos en catro premios, a exposición de pezas seleccionadas e premiadas, que se celebrará do 27 de xuño ao 14 de setembro, adoita contar con ao redor de dous mil visitas.
CICA é un dos concursos máis importantes de España, non só polas cifras referidas senón tamén por ser a base sobre a que se construíu a colección de cerámica contemporánea do Museo de Cerámica de l'Alcora (Castellón), que reúne na segunda planta do Museo unha panorámica do acontecer cerámico nas últimas tres décadas a través dun centenar de obras expostas. Bases do Concurso

Ningún comentario:

Publicar un comentario