Este venres, 20 de xuño, tivo lugar a inauguración da exposición "Novos Produtos" no Espazo Emao, a nosa sala de exposicións, o evento contou coa asistencia de numeroso público o que confirma o exito de convocatoria dunha oferta expositiva cada vez máis consolidada. O acto comezou coas intervencións de Rafael Ojea Pérez, director da Emao, de Márian Núñez, comisaria e mestra de encaixe de palillos e de Santos Héctor Rodríguez Díaz, Presidente do Organismo Autónomo Emao, tamén acudio á inauguración Mª Teresa Cendón Alonso, membro da Xunta Reitora, o acto continuo coa visita guiada pola exposición a cargo de Alba Pardo, mestra de serigrafía artística e tamén comisaria da exposición.
Aqui tedes algunhas imaxes da inauguración...
Datas: 20 de xuño a 8 de outubro de 2014 (agosto pechada)
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Comisariado: Marián Núñez e Alba Pardo (mestras de Encaixe de Palillos e Serigrafía artística na EMAO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario