19 de xuño de 2014

Imaxes da Montaxe da Exposición "Novos Produtos" no Espazo Emao

Mañá, venres 20 de xuño ás 19 h, no Espazo Emao, inaugúrase unha nova exposición "Novos Produtos", baixo este nome establecese o reto de xogar co equívoco, coa sorpresa, co non-obvio, coa ironía, o absurdo ou, sobre todo, coa experimentación co que, non por ser inhabitual, deixa de ser posible... mesmo útil, pero, en todo caso, suscitante do interese dos seus artífices e do espectador. Xogar con materiais distintos, extremar a lectura dos obxectos, fuxir do meramente denotativo para establecer diverxencias, connotacións, terceiras vías, pasos cambiados, ese era o reto. 
A exposición está comisariada por Marián Núñez e Alba Pardo (mestras de Encaixe de Palillos e Serigrafía artística na EMAO).

Aquí tedes algunhas imaxes dos preparativos... 

Alba Pardo e Marián Núñez
 
 

1 comentario:

  1. Están moi ben as fotos, se puidérades por as fotos de zanfona tamén para que as vexa a xente volo agradeceríamos.

    ResponderEliminar