Allariz conmemora do 22 ao 27 de xullo a “Semana dos oficios do coiro”.
Exposicións, obradoiros e concertos terán como protagonistas esta temática co
fin de achegar a veciños e visitantes unha das máis antigas tradicións da vila
alaricana.
Os días 22 e 24, na Fundación Vicente Risco, terá lugar un obradoiro de
creación sobre coiro, que será impartido por Nelson Gómez, artista plástico e
profesor de debuxo e ilustración na Universidade dos Andes de Venezuela.
Do 25 ao 27 de xullo, o patio do Museo do Coiro será o escenario da II
Mostra dos Oficios do Coiro, que inclúe traballos exclusivos, libros,
ferramentas de traballo, etc.
O día 26, tamén no patio do Museo do Coiro, terá lugar un taller
demostrativo de laminado no coiro, a cargo do artesán Fernando Martínez. E ás 20.30, neste mesmo emplazamento, celebrarase o concerto de sitar de Franklin Pereira.
Ademais, ata o 30 de agosto, o Museo do Coiro acolle a exposición
“Pele com pele, transfiguración e transcendencia”, de Ana Caldas e Franklin
Pereira
Ningún comentario:
Publicar un comentario