16 de xul. de 2014

Xogo de Tronos. Xadrez de Encaixe de Palillos


Estas son as imaxes do reportaxe publicado na revista editada pola Associació Catalana de Puntaires, butlletí 94 (3º trimestre-juliol 2014), sobre o traballo presentado pola aula de Deseño e Encaixe de Palillos á exposición que tivo lugar no Espazo Emao o ano pasado: Branco e Negro. Un traballo digno de ver que destaca pola orixinalidade, desde un taboleiro cun deseño diferente para os cadrados brancos e negros ata as diferentes figuras (raíña, rei, alfil, cabalo...) que se realizaron en dúas pezas entrelazadas que proporcionan volume á figura e ademais sostéñense por si mesmas. O deseño de cada peza é diferente para que cada alumna puidese desenvolver a súa creatividade aínda mantendo a coherencia do conxunto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario