1909. Arquivo Biblioteca Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Está mañá, descubrimos no noso fondo histórico, esta foto do alumnado
masculino do ano 1909, a imaxe moi deteriorada foi recuperada dixitalmente polo
director, Rafael Ojea.
Fagamos un pouco de historia… cando se fixo esa
fotografía, a Escola de Artes e
Oficios levaba desde 1900 no actual edificio, o plan de estudos entón incluía materias
como Aritmética (1º e 2º curso), Debuxo de Figura e Adorno, Debuxo Lineal (1º e
2º curso), Economía Política, Electrotecnia, Estereotomía, Física e Química,
Xeografía Estadística, Xeometría, Manexo e Montaxe de Máquinas de Vapor,
Modelado e Baleirado, Música (solfeo e piano) e Teoría e Historia da Arte. Un
plan que respondía as características da nosa escola.
Coa transformación
da Escola en Elemental de Artes e Industrias en 1901, establécense tres
seccións: Ensino Elemental de Industrias chamada "sección oficial",
Ensino Especial do Obreiro e Ensino Especial da muller. Esta situación permanece ata 1911 en que a Escola Elemental fusiónase coa
Escola Superior de Industrias que desde 1904 ocupaba o chamado edificio
"Anexo" encostado ao da Escola de Artes e Oficios e formando con este
un todo.
Estos alumnos da foto seguramente forman parte dese continxente de persoas
que crearon o Vigo moderno, responsables do seu auxe
industrial, da súa riqueza e das súas empresas... daqueles que contribuíron á
modernización e embelecemento da nosa cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario