- O acceso controlado do alumnado ás aulas e talleres,baixo a supervisión do profesorado de cada especialidade, para a retirada de material e para consultas puntuais sobre a materia na que están matriculados.
- A información presencial na zona administrativa verbo do proceso de preinscrición e matrícula para o curso 2020-21
- A realización de reunións presenciais nas súas instalacións, coas limitacións establecidas na actual normativa
Normas para o acceso ás instalacións da EMAO
1. No acceso e uso da Biblioteca pública García Barbón EMAO rexerán as condicións establecidas na Orde SND/399/2020, do 9 de maio, e a Orde SND/414/2020, de 16 de maio, Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, así como aquelas modificacións puntuais derivadas das instrucións específicas sobre a pandemia.
2. Coa excepción anterior, só poderán ter acceso ás instalacións o persoal adscrito á Escola, o persoal da empresa encargada do Servizo de limpeza e o alumnado ou persoas interesadas que teñan solicitado previamente e concedida unha cita por medio do teléfono 986228088 ou no correo electrónico emao@vigo.org
3. Medidas de protección para usuarios
- Os usuarios que accedan á Escola deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios, así como cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, mantendo a correspondente distancia interpersoal.
- Os usuarios deberán ir provistos de máscara de protección. Seguiranse as indicacións da Autoridade Sanitaria a este respecto.
- Os usuarios disporán de dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada, así como nas aulas e talleres, cuxo uso será imprescindible para acceder e usar o servizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario