A Dirección General del Libro e Fomento da Lectura, a través da
Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, elaborou as seguintes
recomendacións co obxectivo facilitar os servizos
bibliotecarios ao público. Onde se recollen as principais medidas de flexibilización e servizos autorizados nas bibliotecas situadas en territorios que pasan á Fase 3 de desescalada.
Recomendacións para un uso responsable das bibliotecas en Fase 3
- Se ten síntomas ou está diagnosticado con COVID-19 non vaia á biblioteca.
- O aforo reduciuse ao 50% para asegurar a distancia de seguridade.
- Manteña sempre unha distancia de seguridade de 2 metros co resto das persoas que se atopan na biblioteca.
- Recoméndase que acuda só á biblioteca.
- Menores de 14 anos sempre acompañados por unha persoa adulta responsable.
- A biblioteca cumpre coas condicións de limpeza e desinfección adecuadas.
- Faga uso do xel hidroalcohólico á súa disposición. É recomendable a hixiene de mans ao entrar na biblioteca.
- Circule unicamente polas zonas permitidas para os usuarios.
- Siga en todo momento as instrucións do persoal.
- Utilice preferentemente as escaleiras. O ascensor só pode ser usado por unha persoa á vez.
Servizos dispoñibles nas bibliotecas en Fase 3
2. Préstamo e devolución:
- Consulte na web o catálogo da biblioteca.
- Recoméndase a petición ou reserva anticipada das obras.
- O persoal da biblioteca é o encargado de recoller e entregar os materiais prestados.
- As obras que leva en préstamo non están infectadas. Mantivéronse en corentena durante 14 días.
- Con 50% do aforo.
- O posto de lectura se desinfectará despois de cada usuario.
- Poderá permitirse o estudo en sala, se se dan as condicións necesarias.
4. Computadores da biblioteca:
- Limparanse despois de cada uso.
5. Actividades culturais.
Na Fase 3 as coleccións en libre acceso están pechadas ao público:
- Pode solicitar as obras ao persoal da biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario